CRTVG

Buscar

Un gromo entre adolescentes incrementa os contaxios en Monforte

Publicado o 21/08/2021 13:47

A área sanitaria de Lugo é unha das que incrementa o número de contaxios: 111 nas últimas 24 horas, con dous brotes activos, en Barreiros e en Monforte. O que máis preocupa é este último. Un macrogromo entre a mocidade.

Un gromo explosivo entre a mocidade que supera xa os 60 positivos. Os contaxiados son sobre todo rapaces de entre 16 e 18 anos. Ao parecer, a orixe dos contaxios, estaría vinculada ás celebracións das festas patronais da pasada fin de semana. O macogromo afecta tamén a varios municipios próximos, como o de Sober e o de Pantón, aínda que se concentra principalmente neste municipio. O Sergas está cribando todos os contactos estreitos e non descarta que nas próximas horas continúe o aumento de casos. 

 

Noticias web

21/08/2021