CRTVG

Buscar

Un gromo en Chandrexa de Queixa afecta 4 viaxeiros procedentes de Cataluña e Aragón

Publicado o 02/08/2020 17:28
Un gromo en Chandrexa de Queixa afecta 4 viaxeiros procedentes de Cataluña e Aragón

Un novo gromo de orixe familiar afecta catro persoas. Trátase de viaxeiros procedentes das comunidades de Cataluña e Aragón, que se atopan temporalmente en Fitoiro, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa. Os positivos permanecen illados no seu domicilio, segundo informaron fontes sanitarias, e teñen relación familiar entre eles. Xa se activou o protocolo de seguimento dos contactos destas persoas para previr máis contaxios.

2 positivos vencellados ao caso detectado cunha PCR preventiva realizada a unha persoa inscrita no rexistro de viaxeiros de Galicia

Dúas persoas relacionadas co caso detectado a través dunha PCR preventiva realizada a unha persoa inscrita no rexistro de viaxeiros de Galicia deron positivo. Así o comunicaron este domingo fontes santiarias. Trátase dun novo gromo familiar. Os 3 afectados permanecen illados no Carballiño e están en seguimento sanitario. 

Primeiramente realizóuselle unha proba a un viaxeiro procedente de Santo Domingo e a análise dos seus contactos permitiu detectar 2 positivos máis. Trataríase de dous familiares directos. O resto dos contactos tiveron resultado negativo e deben gardar unha corentena de 14 días. 

Buscan unha parella belga que non se someteu a unha proba PCR no hospital da Barbanza

Tamén en Galicia, a Policía Nacional está a buscar unha parella belga que debía someterse a unha proba PCR no hospital da Barbanza e que non o fixo.  Os responsables médicos deron aviso dos sucedido tanto á policía como ao servizo de saúde pública, segundo avanzaron fontes sanitarias. Agora os axentes tentan localizar estas dúas persoas.