CRTVG

Buscar

Un gromo de covid afecta unha trintena de persoas asintomáticas na residencia de Silleda

Publicado o 13/03/2021 16:48

O gromo detectado na Residencia de Maiores de Silleda conta xa cunha trintena de contaxiados. Polo de agora todos eles son asintomáticos.

Segundo indica o propio concello nun comunicado, os positivos confirmaríanse por PCR, despois de detectarse un primeiro caso o pasado mércores neste centro. Solicitan ao comité clínico que non se teñan en conta estes novos casos á hora de establecer restricións, pois afirman que estas persoas non interactúan co resto de habitantes.

Nestes momentos Silleda permanece no nivel medio de restricións.

 

 

 

Noticias web

13/03/2021