CRTVG

Buscar

O Spórting, próximo rival do Lugo, confirma 10 positivos pola covid-19

Publicado o 29/12/2020 15:30

Cinco xogadores do primeiro equipo, catro do filial e un do corpo técnico. É o balance das PCR realizadas nas últimas horas polo Spórting, logo que de seis casos xa foran coñecidos ao regreso das vacacións de Nadal. 

Desde o club agardaban a coñecer os resultados para ver se pedían un dos dous aprazamentos que poden realizar ao longo da temporada. Segundo LaLiga o partido xogarase sempre e cando teñan 13 xogadores dispoñibles dos 35 inscritos (contando os do filial) e que 5 teñan ficha do primeiro equipo.

Logo dos resultados todo parece indicar que se xogará o partido o día previsto porque o Spórting dispón de marxe no seu plantel para afrontar o encontro.

Noticias web

29/12/2020