Un gromo de 243 casos sitúa Monforte de Lemos no nivel máximo de restricións
Na provincia de Lugo, a situación máis preocupante está en Monforte de Lemos. Está no nivel máximo de restricións desde esta fin de semana, como consecuencia do aumento de casos de covid. Hai 243 persoas afectadas.
Bares e restaurante só poden atender nas terrazas, que funcionan ao 50 %. Os hostaleiros están indignados porque sempre repercute na súa actividade.
Non se consideran os culpables dos contaxios. Sinalan máis ben as reunións de particulares de hai dúas semanas, coincidindo coas festas patronais. Ademais, este venres está previsto que pase a Volta Ciclista. Non terá a mesma repercusión con estas restricións.
O mapa de restricións na provincia tamén afecta a concellos lindeiros de Monforte. O Saviñao, Sober e Pantón están no nivel alto, coa hostalería limitada ao 30 % no interior e ao 75 % na terraza.