CRTVG

Buscar

Un gromo con once casos nunha residencia de Baralla eleva a 172 os contaxios en residencias

Publicado o 26/08/2021 16:22
Un gromo con once casos nunha residencia de Baralla eleva a 172 os contaxios en residencias
EFE

Un gromo con 11 casos entre usuarios da residencia San Vitorio, en Baralla (Lugo), elevou a 172 os  contaxios en centros sociosanitarios e de discapacidade, un cómputo do que unicamente saíu un usuario da residencia Santa Marta, en Vigo, tras dar negativo.

Así, segundo informan este xoves a Consellería de Política Social e o Sergas, son actualmente 121 os infectados nas residencias de maiores e 51 en centros de discapacidade. O maior gromo localízase na residencia de maiores As Gándaras (Lugo), con 72 casos, e tamén hai outro de 48 positivos entre os usuarios do CAPD Redondela.

Neste novo balance, en residencias de maiores mantéñense os 27 contaxios da García Hermanos de Betanzos (A Coruña), catro (un menos) na Santa Marta, de Vigo; tres na residencia Soremay, en Pontevedra; 1 en Santo Estebo de Perlío, en Fene, outro na residencia Domusvi de Matogrande (A Coruña); e hai 1 na residencia de maiores de Ribadeo (Lugo) e outro na residencia Val de Monterrei, en Ourense.

Nos centros de discapacidade, seguen sendo 48 no CAPD de Redondela (Pontevedra) e hai 3 no  Fogar e Clínica de San Rafael (Vigo). 

Noticias web

26/08/2021