CRTVG

Buscar

Confirman un gromo nun arrastreiro de Celeiro con doce tripulantes afectados

Publicado o 04/08/2021 15:08

Porto de Celeiro (Turismo de Galicia)

Un gromo no Pino Ladra, un pesqueiro con base en Celeiro, afecta doce dos seus tripulantes. Todos pasan a corentena nas súas casas. Atópanse ben, con síntomas leves da enfermidade. Están nas súas casas despois de poñerse en marcha o protocolo anticovid.

Os afectados son practicamente toda a tripulación deste arrastreiro celeirense agás o patrón e un mariñeiro que deron negativo nas PCR, pero tamén están confinados nos seus domicilios. A tripulación está vacinada, pero as condicións de convivencia a bordo dos buques onde é difícil manter as distancias contribuíu á propagación do virus.

Noticias web

04/08/2021