CRTVG

Buscar

Un gris Barcelona gaña envolto na polémica cunha decisión do VAR

Publicado o 07/03/2020 21:45

O Barça logrou o obxectivo de meterlle presión ao Madrid. Sufríu moito, iso sí, ante unha boa Real Sociedade que só claudicou na recta final por un penalti polémico sinalado tras consulta co VAR. O equipo de Quique Setién é líder provisional, pero segue ofrecendo máis dúbidas que certezas cara á parte decisiva da temporada. No primeiro tempo a Real amagou varias veces, pero non gozou de ocasións. O Barça, cando atopou espacios, creou algo de perigo nun par de disparos de Braithwhite e Messi. Pouca bagaxe nos primeiros 45 minutos. O inicio da segunda metade desesperou aos afeccionados presentes do Camp Nou, que chegaron a asubiar ao seu equipo. Antes, volveron perdir a demsión de Bartomeu. Pero pouco a pouco, e obrigado polas circunstancias, o Barça foi aumentando o ritmo. Durante uns minutos chegou a agobiar á Real. Rakitic e Piqué ozaron de dúas boas opcións para marcar, sempre con boa resposta de Remiro. Entraba así o partido no último cuarto de hora, e a Real vislumbrou o seu momento. Case sempre pola esquerda da seu ataque, creoulle problemas a unha defensa moi esixida. Isak tivo nas súas botas a posibilidade de adíantar ao conxunto donostíarra no marcador. Nesas andaba o partido cando, nunha acción que en principio pasou desapercibida, o VAR avisaba dunha posible man de Le Normand. Martínez Munuera, tras a consulta, sinalou penalti. Difícil establecer a xustiza do castigo co circo que están montando esta temporada co tema das mans. A considerar tamén, a posición de Arturo Vidal no inicio da acción. Aínda que recolle un rexeitamento. O caso é que Messi non perdonou e, no minuto 81, lograba o único tanto do encontro. Logo, a Real xa non tivo opcións. O choque terminou cun gol de Jordi Alba que non subiría ao marcador por fóra de xogo anterior de Ansu Fati. Un a cero final. O Barça manda, provisionalmente, na clasificación. A Real demostrou a súa categoría nesta excelente temporada do conxunto de Imanol Alguacil.

Noticias web

07/03/2020