Un gran Carlos Arévalo gaña o selectivo do K1 200 para os Xogos de Tokyo
Publicado o 04/03/2021 13:16
• Tamén logrou clasificarse para o K4 500
Carlos Arévalo gañou esta mañá o dereito a representar a España na proba do K1 200 nos Xogos Olímpicos de Tokyo programados para este verán.
O padexeiro do Ría de Betanzos impúxose nas dúas series en que se dilucidaba a praza no selectivo fixado pola Real Federación Española de Piragüismo esta mañá no encoro asturiano de Trasona. Na proba participaban os seis aspirantes a ocupar as catro prazas do K4 500 na gran cita nipoa.
Tras quedar 1.º no K1 200, Carlos Arévalo clasifícase directamente para o K4 500.