CRTVG

Buscar

Un golfiño nada a carón dunha embarcación en Portosín

Publicado o 03/07/2020 11:47

Para gozar do bo tempo, que mellor que achegarse ao mar. Quizais atopen un amigo xoguetón, como atopou este padexeiro de Portosín.

Un golfiño sae todos os días recibir un padexeiro que parte da praia de Boa, preto de Portosín. Cando ve a embarcación, o golfiño achégase para saudar o seu amigo, co que comparte momentos de brincos, acrobacias e navegación. Sempre preto, o cetáceo amosa o seu ánimo e á súa aposta polo xogo en compañía. Recibiu o nome africano de Ubuntu por parte do canoísta.

Estes días hai un hábil visitante na ría de Muros-Noia, que escolleu o ser humano como compañeiro íntimo de xogos.

Noticias web

03/07/2020