CRTVG

Buscar

O Celta gaña pola mínima en Riazor cun gol de Aspas (0-1)

Publicado o 20/03/2017 00:00

Pouco fútbol houbo hoxe en Riazor nun partido que mantivo a emoción ata o final. Iago Aspas aproveitou unha das escasas oportunidades do partido para darlle o triunfo ao Celta ante un Deportivo que sofre a primeira derrota da era Pepe Mel.

Foi un derbi decepcionante respecto ao xogo que se pode resumir en dous datos significativos. Catro disparos a porta e trinta e tres faltas.

A lesión de Guidetti aos oito minutos obrigou a Berizzo a modificar ao equipo dando entrada a Beauvue.

O primeiro tempo estivo marcado polo excesivo respeto entre os dous equipos, máis pendentes da súa portería que da rival.

Unha cabezada de Cabral detido por Lux foi o único remate dos dous equipos entre os tres paus.
A segunda metade comezou cun erro clamoroso de Roncaglia que a piques estivo de custarlle caro, pero Borges estrelou a pelota contra Sergio.

O rexeite posterior non lograron aproveitalo nin Joselu nin Bruno Gama. Foi unha xogada chave
Porque a primeira oportunidade clara que tivo o Celta, foi para adentro.

Un centro de Beauvue, colleo ao voo Iago Aspas que sumaba o seu vixesimo primeiro tanto da tampo, decimoquinto na Liga. Deles, tres ao Deportivo.

Ese tanto asentou ao Celta que pasou a controlar o xogo, sen acusar o cansanzo europeo. 
Incluso Hugo Mallo estivo  a piques de aumentar a vantaxe.

Aínda que a última ocasión tívoa Bergantiños nunha cabezada que se marchou fóra.

Era o punto final a un derbi con máis intensidade que fútbol.

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017