CRTVG

Buscar

Un gol de Berenguer no 112 leva o Athletic a outra final de Copa (1-2)

Publicado o 04/03/2021 23:34
Un gol de Berenguer no 112 leva o Athletic a outra final de Copa (1-2)

O Athletic Club disputará o 17 de abril a final da Copa do Rei ante o Barcelona ao gañarlle ao Levante no encontro de volta da semifinal desta competición, disputado no Ciutat de València, cun gol de Berenguer na segunda parte da prórroga.

Tras o 1-1 da ida en Bilbao, Roger para os locais e Raúl García de penalti levaron o encontro con empate a un no marcador á prolongación.

Un lanzamento de Berenguer no minuto 112, que rebotou en Vukcevic, deu a clasificación ao equipo vasco. 

Máis sobre Deportes