CRTVG

Buscar

Indignación no Liceo polo gol anulado no último segundo

Publicado o 15/03/2018 10:01

Liceo e Barcelona empataron onte a dous en Riazor así que as cousas seguen como estaban. Os cataláns reteñen o liderado o os coruñeses son segundos a dous puntos. O empate, iso si, non estivo exento de polémica.

Último segundo do xogo. Sergi Miras fai un lanzamento indirecto de falta que acaba na rede. O tanto outorgáballe a primeira praza ao Liceo pero os colexiados decidiron anulalo ao entender que ninguén tocara a bóla antes de entrar na portería. Os liceístas, que protestaron enerxicamente a decisión, defenden a súa legalidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2018