CRTVG

Buscar

Un garda civil declara no xuízo do 'procés' que os Mossos tiñan orde de vixialos

Publicado o 20/03/2019 19:16

Un comandante da Garda Civil que analizou as conversas das emisoras dos Mossos explicou que dectectaron ordes verbais de vixiar os movementos da policía e da Garda Civil en lugares clave como o aeroporto de Xirona e que mesmo houbo seguimentos. Ademais, os mandos animaron os Mossos a non aparecer en imaxes con gardas civís ou policías actuando xuntos contra o referendo. Testemuña comandante da Garda Civil.

"Esa mañá volvían lembrar esa orde, esa instrución que se dera e que tiña prioridade sobre calquera outra que era dar cales eran os nosos movementos e cal era a dirección que tomabamos".

Outro axente declarou que toda a estrutura da Generalitat estaba ao servizo do proceso soberanista e así se demostrou, dixo, na incautación de case 10 millóns de papeletas e 6.000 sobres electorais nunha nave de Barcelona, onde a Garda Civil sitúa tamén o actual presidente da Generalitat, Quim Torra.

Noticias web

20/03/2019