CRTVG

Buscar

Un garda civil sálvalle a vida ao fillo acabado de nacer dun compañeiro no cuartel de Cangas

Publicado o 07/11/2019 18:06
Un garda civil sálvalle a vida ao fillo acabado de nacer dun compañeiro no cuartel de Cangas

Un axente da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, con base en Vigo, salvoulle a vida ao fillo recentemente nacido dun compañeiro no cuartel de Cangas, despois de que o bebé sufrira unha crise respiratoria severa. 

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos tiveron lugar onte, cando este axente se atopaba de forma circunstancial no cuartel de Cangas realizando uns trámites. O garda decatouse de que o bebé, de apenas uns días, estaba inconsciente, sen respiración e cun aspecto alarmante.

Inmediatamente, realizoulle as manobras de reanimación e puido conseguir que respirase novamente. Unha dotación da Unidade de Seguridade Cidadá escoltou a ambulancia que trasladou o bebé a un hospital de Vigo, onde permanece ingresado en observación e se "recupera satisfactoriamente".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí