CRTVG

Buscar

Un garda civil fóra de servizo recupera unha motocicleta que fora roubada na Coruña

Publicado o 03/08/2021 12:39
Un garda civil fóra de servizo recupera unha motocicleta que fora roubada na Coruña

Un axente da lei non deixa de selo nin cando está fóra de servizo. Esa foi a máxima que aplicou un garda civil para recuperar en Arteixo unha motocicleta que fora roubada na Coruña. Estaba agochada nunha zona de monte de difícil acceso pola que o axente paseaba cos seus cans. Iso fíxoo sospeitar e contactar coa central, que confirmou que o vehículo fora subtraído no mes de xuño.

Noticias web

03/08/2021