CRTVG

Buscar

Un garda civil fóra de servizo cóntanos como salvou un neno de afogar en Caión

Publicado o 01/07/2020 14:16

Tivo final feliz un rescate que se produciu na praia de Salseiras, en Caión. Un garda civil que gozaba da praia co seu fillo viu un neno que estaba en apuros pola resaca e faloulle para que se deixase arrastrar a terra polas ondas. Como o neno non era quen de facelo, botouse á auga a rescatalo. Tardou uns quince minutos en lograr o seu obxectivo. El mesmo contounos como aconteceu todo.

"Un neno perdeu pé e non podía saír da auga, e eu berreille para que aproveitase as ondas, pero ao non facer pé, non podía facer forza e a corrente tiraba para mar adentro e non tiña forza para volver. Achegueime a el, pero eu tampouco tiña forza ao non facer pé. Con el agarrado, decidín saír da rompente das ondas e nadar cara ao outro lado da praia para poder saír. Tranquiliceino e díxenlle que por aquí non dabamos saído, polo que iamos nadar un pouco. Faleille e asegureille que iamos saír por alí".

Noticias web

01/07/2020