CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Un gandeiro do Valmiñor ceiba dous exemplares de boi galego, os únicos da comarca

Publicado o 13/07/2018 21:16








A carne de boi galego é unha das máis cobizadas polos amantes da boa cociña, e un ben escaso na nosa gandería. Hoxe imos a Nigrán, en Pontevedra, á casa dun home que cría bois de altísima calidade, que hai tempo están reservados para un carniceiro de Valença do Miño.

Esta granxa da parroquia de Parada, en Nigrán, agocha dúas futuras xoias da gastronomía galega. Dous exemplares de boi de 900 quilos cada un que Argentino Alborés coida con agarimo dende hai catro anos. Compaxina o seu traballo nunha empresa de automoción co coidado destes exemplares de pura raza galega.

inserto

O destino destes bois é a carnicería que ten un amigo en Valença do Miño, onde venderá a carne a partir da semana vindeira.

insertos carniceiro, xacobe e argentino

Unha carne moi apreciada, con costeletas que poden chegar a custar uns 100 euros por quilo. Pero a Argentino esta afección dálle máis traballo que cartos, xa que calcula que os beneficios lle suporán pouco máis que para mercar dúas novas crías para empezar de novo.

insertos

Ao traballo na granxa hai que engadirlle as visitas periódicas dos veterinarios, dúas desparasitacións anuais e as inspeccións da Xunta, que é a encargada da certificación da súa calidade.

Telexornal Serán

13/07/2018