CRTVG

Buscar

A Revista

Un galego recibe unha mención nos premios TWAN que valora as mellores paisaxes nocturnas do mundo

Publicado o 11/09/2017 12:58
Un fotógrafo galego cóase por segunda vez nos premios TWAN. O prestixioso certame recolle as mellores panorámicas nocturnas do mundo.
Logo de retratar e facer viral a foto do banco de Loiba, nesta ocasión escolleu unha carballeira do concello lucense de Guitiriz.

Desde novo, Dani sempre foi un afeccionado á fotografía e á astronomía, pero conseguir por segunda vez unha mención dentro dos premios TWAN, que recollen as mellores paisaxes nocturnas a nivel internacional, supuxo un gran avance.

A distinción anterior veulle por unha foto do banco de Loiba, en Ortigueira, que se fixo viral. O certame valora que a imaxe recolla ceo e terra, e desta volta inspirouse en Guitiriz.
A foto é unha panorámica de once instantáneas.

Non é a primeira vez que as súas fotos reciben recoñecemento internacional, e todo apunta a que en breve volverá despuntar con imaxes nocturnas, que destacan con luz propia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

11/09/2017