Un galego morre cando intentaba socorrer unha muller en Fuerteventura
Publicado o 17/04/2019 20:17
Un home natural de Sanxenxo e emigrado nas Canarias morreu no mar cando pretendía socorrer unha muller que estaba en risco de afogamento. No seu esforzo, o galego puido sufrir un fallo cardíaco, mentres a muller logrou poñerse a salvo.
Arturo Fontán Bouzas, nacido en Sanxenxo hai 39 anos e que traballaba nas Canarias, estaba nunha praia de Fuerteventura este luns cando se encontrou con que na auga había unha muller en apuros. Botouse ao mar para axudala. A muller salvouse, pero el xa non saíu con vida. Onda a vivenda familiar do Catadoiro, en Sanxenxo, contábanolo seu irmán Álex.
Arturo deixa viúva e un fillo de 13 anos. Está previsto que o seu cadáver chegue mañá á última hora a Adina, onde terá lugar o velorio.