CRTVG

Buscar

Un galego, Alberto Blanco, o mellor enxeñeiro do ano na Fórmula E de monoprazas

Publicado o 11/08/2019 15:38

A Fórmula E é unha competición de monoprazas eléctricos que en cinco anos de vida ameaza con dar máis espectáculo que a clásica Fórmula 1. Neste mundial hai un galego encargado de mellorar os coches. Chámase Alberto Blanco, é da Coruña, e este ano déronlle o premio ao mellor enxeñeiro. Conversamos con el arredor do seu traballo. 

Ao pé da torre de Hércules, diante dunha estación de carga, Alberto Blanco explícanos cal é a achega da Fórmula E ao desenvolvemento dos coches eléctricos. É o enxeñeiro do Mahindra Racing, un dos equipos que participan nesta competición.

Gañador do premio ao mellor enxeñeiro da Fórmula E, Alberto Blanco comezou como afeccionado antes de dar o salto como profesional a través de Campos Racing.

Recoñece non ter coche eléctrico, pero cre que será cuestión de tempo.




 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019