CRTVG

Buscar

Un fotógrafo toledano viaxa gratis a Fisterra trocando fotos por comida e aloxamento

Publicado o 01/08/2021 21:33

Camiño a Fisterra: ese é o novo obxectivo do fotógrafo toledano Kike López, que comezou a súa aventura do polo sur de España o ano pasado en plena pandemia. Tentará vivir do troco e sen cartos, recuperando a tradición dos vellos fotógrafos minuteiros, pero adaptado o ao dixital. Fotos a cambio de: "Por comida, aloxamento... Regaláronme un libro de poesía a cambio da foto dun neno. Conseguín o aparadoiro, un aparcacoches veu e díxome que lle dese cartos e eu repondín: 'non o vas crer, pero podo darche unha foto'".

A ruta ata Fisterra polo norte de España, que comeza este domingo, xa lle reportou numerosos contactos, mesmo de familias que lle propuxeron unha cea a cambio de fotos. Nesta ocasión, Kike López irá acompañado, porque incorpora unha novidade. Será o protagonista dun documental e iso amplía as expectativas.

"Son máis días máis horas e cun equipo de gravación esta vez", sinala o fotógrafo, ao tempo que se presenta o seu equipo: "Son Roberto e son o realizador". "Ola, son Andrea e eu son a xefa de produción".

Calculan gravar unhas 160 horas para editar ese documental, que xa ten título de antemán: A ruta minuteira. 

"Un documental sobre todo o proxecto, sobre o mundo no que vivimos e as formas diferentes que temos cada un de vivir a vida", aclara Kike López.

O obxectivo final, antes de regresar a Toledo, é durmir no faro de Fisterra a mediados de agosto. O zoar do mar porá a banda sonora a ese remate da aventura.

Noticias web

01/08/2021