CRTVG

Buscar

Un fontaneiro mexicano constrúe a súa propia prótese para unha perna

Publicado o 08/05/2019 12:50

Farto de depender da cadeira de rodas, Martín Amaro, un fontaneiro mexicano de 56 anos residente en Acapulco, decidiu construír a súa propia prótese para substituír a perna que perdeu nun accidente caseiro.

"Tiña material gardado e fixeime unha vez nunha persoa que pasou con prótese. Deume unha idea de como máis o menos facela", conta Martín.

Feita na súa maior parte de tubo de PVC, investiu menos de 5 euros nos materiais que utilizou para construír a prótese.

Os médicos advertíronlle que o material utilizado lle podía causar danos irreparables nos vasos sanguíneos, o que obrigaría a amputarlle un pouco máis de perna, pero Martín carecía de recursos para conseguir unha prótese ortopédica.

"Recursos non había e á parte diso saían ben caras. Pedíanme máis de 20.000 pesos e sen cartos, a verdade, non era posible comprar", asegura.

Coa experiencia acumulada, Martín aínda construiría outras 10 próteses para amputados de distintas partes de México.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019