CRTVG

Buscar

Hai unha oferta vinculante para Alcoa na Coruña e outro fondo tamén valora poxar

Publicado o 07/06/2019 19:22

Vinte e catro horas despois de coñecer as ofertas de compra, os traballadores de Alcoa manteñen o calendario de protestas para reclamarlle ao Goberno rebaixas no prezo da electricidade para a industria

Agora mesmo hai dúas ofertas en firme para mercar Alcoa. Unha delas, a do fondo suízo Parter Capital, quere poñer a producir de novo as plantas da Coruña e de Avilés. Pero para iso esixe garantías de que o Goberno central vai abaratar o prezo da electricidade. Algo que os traballadores levan demandando meses. Este sábado sairán de novo á rúa para pedir que se aprobe o estatuto das electrointensivas.

Miguel Conde Comité de empresa de Alcoa na Coruña: "A nosa primeira opción é continuar coa planta como está, coa electrólise, e para iso necesitamos o compromiso do goberno de regular un marco enerxético estable".

A Xunta esixe tamén un compromiso en firme do Goberno central.

Francisco Conde Conselleiro de Economía e Industria: "Esperamos a resposta do Ministerio, que aínda non trasladou á Xunta de Galicia cal vai ser o contido do estatuto dos consumidores electrointensivos. Nestes momentos entendemos que esa é a peza clave para que Alcoa da Coruña poida ter un futuro e unha viabilidade"

O fondo alemán Quantum presentou tamén unha oferta para mercar a planta de Avilés, onde quere manter só a fundición. Aínda así, os seus técnicos inspeccionaron este venres a planta da Coruña para decidir se finalmente poxan tamén por ela.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/06/2019