CRTVG

Buscar

Un fondo californiano compra Iberconsa por 550 millóns de euros

Publicado o 07/03/2019 16:08
Un fondo californiano compra Iberconsa por 550 millóns de euros

Operación económica histórica en Galicia, asinada esta mesma madrugada. Un grupo californiano compra Iberconsa por 550 millóns de euros. Trátase do grupo Platinum Equity. O prezo é alto, pero está xustificado polo alto potencial de crecemento da industria da pesca, e polas propias contas de Iberconsa, o segundo grupo pesqueiro máis forte de España.

O próximo dono chámase Tom Gores e é un dos maiores millonarios do mundo, xunto con Amancio Ortega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/03/2019