CRTVG

Buscar

Un foguete de festa fura o tellado dunha casa en Marín durante a festa Corsaria

Publicado o 19/08/2019 13:47


O furado nunha esquina do tellado da casa é a pegada exterior do impacto dun artefacto, ao parecer, pirotécnico acontecido a noite da Festa Corsaria de Marín. Os turistas que a tiñan alugada, volveron para durmir contra as dúas e media da mañá do domingo e encontráronse con que a vivenda cheiraba a pólvora e co baño, estragado.

Norman Pérez Propietario da casa:"Algo impactou contra o tellado, rebentou as tellas, rebentou dúas capas de chapa de fibrocemento, un falso teito... Explotou contra o tellado, porque se ven as pegadas brancas da pólvora nas tellas queimadas e saíron despedidas como vinte metros un montón de tellas. Foi un impacto tremendo, polo que debeu ser un artefacto pirotécnico bastante grande".

O dono di que agarda que alguén do concello de Marín se poña en contacto con el. Láiase de que o suceso perturbara a estadía dos seus hóspedes, os terceiros que ten, pero celebra que todo se reduza a estragos materiais.

Norman Pérez, propietario da casa: "A casa estaba rodeada dunha moi grande; había centos ou miles de persoas. Se isto cae sobre a xente puido traer consecuencias tráxicas. Xa non é polos danos da casa é que puido haber uns danos persoais moi graves"

Esta mañá un operario recollía os cascallos que caeron do tellado. En pleno agosto o dono quedou coa casa turística que acaba de inaugurar inutilizada polo impacto, supostamente, dun foguete da festa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019