CRTVG

Buscar

Un fiscal di que Nisman foi asasinado

Publicado o 25/02/2016 21:31

Un funcionario xudicial presentou un ditame no que apunta a que Nisman foi vítima dun delito de homicidio e non se suicidou

Novidades no caso do fiscal arxentino Alberto Nisman, atopado morto días despois de ter denunciado á expresidenta  do país, Cristina Fernández. Por primeira vez, un funcionario xudicial presentou un ditame no que apunta a que Nisman foi vítima dun delito de homicidio e non se suicidou.

O fiscal xeral ante a Cámara do Crime, Ricardo Sáenz, ven de presentar un ditame no que apunta a que o seu colega Alberto Nisman, atopado morto hai xa 14 meses no seu domicilio de Bos Aires, foi vítima dun delito de homicidio e non se suicidou.

Sáenz explica a súa postura en base ós informes que apuntan á ausencia de pólvora nas mans de Nisman, tamén nas probas sobre a manipulación da escea do crime e en que o falecido nunca modificou a súa conduta fronte ás ameazas.

"Isto constitúe o primeiro ditame no que unha autoridade xudicial apunta cara a hipótese do homicidio, a mesma que sosteñen os avogados das fillas de Nisman dende o principio, quenes se mostran satisfeitos co informe de Sáenz".

O fiscal xeral tamén considera incompetente o órgano que ten a cargo a investigación actualmente, liderado pola xuiza Fabiana Palmaghini, e sinala que debe ser a Xustiza Federal de Bos Aires quen continúe co caso para garantizar que se aclare o ocorrido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2016