Un ferrolán bate a marca mundial de 800 metros na súa categoría aos 80 anos
Publicado o 04/05/2021 12:33
Xosé Rioseco é un deses expoñentes dunha poboación cada vez máis lonxeva e activa. Médico xeriatra de profesión, o deporte estivo sempre presente na súa vida, pero desde que se xubilou, aos 70 anos, aumentou a dose e a calidade.
E tan ben o fai que Pepín Rioseco acaba de superar a marca mundial de 800 metros na súa categoría, rebaixando en 7 segundos a anterior. Satisfeito, pero non dabondo, xa pensa no seguinte obxectivo.
E o segredo para lograr esas metas? A xenética: súa nai viviu 103 anos, seu pai tamén gañou probas de atletismo, pero tamén a alimentación e, sobre todo, facer exercicio cada día.
Os seus próximos obxectivos: o campionato galego de 1.500 metros e os de España de 2.000 obstáculos e 800.