CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un ferreiro artesán de Noia traballou para Hollywood, Madonna ou Bill Gates

Publicado o 10/11/2017 14:25

Cada vez hai menos ferreiros artesáns. E iso que hai casos, coma este que lles imos presentar, que mira que tivo éxito ata en Hollywood.. Esta mañá estivemos en Noia con José, que traballou 15 anos nos Estados Unidos facendo pasamáns para as mansións de Bill Gates, Madonna ou John McEnroe.

José Cándido Pérez leva escoitando esta música toda a vida . Naceu e medrou en Noia a carón da forxa, quentado por un legado familiar ao que lle debe todo.

"Valeume para traballar nos Estados Unidos. Alí traballei en empresas artesanais de ferro porque valoran as cousas artesanais", di.

As súas máns labraron os pasamáns de mansións de Nova Iork. Entre elas, as de Madonna, Bill Gates ou a de John McEnroe.

"Faciamos pasamáns artesanais para escaleiras de Hollywood e restauracións emblemáticas", recorda.

A súa empresa era francesa e foi a que renovou a estatua da liberdade. Traballaba xunto a outros catro artesáns que restauraron portalóns na mítica Park Avenue ou reixas de igrexas. Hai máis de 15 anos volveu a Noia e cambiou de marcha. E agora, con perspectiva, fala dos ferreiros de antes, de seu pai, de seu avó...

"Non había as ferramentas que hai hoxe. Hai martinetes que axudan a golpear, que alivian o traballo. Xa non hai que darlle tanto co martelo".

Nos pasamáns que lle encargan non hai soldaduras. Son remachados á man. Obras de arte forxadas a 1.600 graos e coa mesma música de hai 100 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí