Un ferido tras colidir dous coches en Ourense
Publicado o 25/05/2021 19:09
Unha persoa quedou ferida hoxe nun accidente de tráfico en Ourense. Foi contra as dúas do mediodía na Nacional 525 á altura do cruzamento de Rabo de Galo. Un turismo colidiu por detrás con outro por causas que a Policía Local de Ourense investiga. O ferido foi trasladado en ambulancia. O sinistro provocou importantes retencións na estrada ata que foron retirados os dous coches.