Un ferido tras caer á auga mentres facía paracaidismo en lancha na praia de Silgar
Publicado o 20/08/2019 20:15

Unha persoa resultou ferida esta tarde ao caer ao auga mentres facía paracaidismo en lancha motora na praia de Silgar, en Sanxenxo. Os feitos tiveron lugar ao fío das 18:30 horas.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido e, acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado.
Ademais, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local, ao GES de Sanxenxo e aos axentes da Garda Civil.
Segundo puido saber o 112 Galicia, a persoa accidentada, un home de 48 anos foi sacado da auga por varias persoas que o levaron ata o porto deportivo de Sanxenxo
Máis sobre actualidade
18/04/2021 21:34