CRTVG

Buscar

Un ferido tras bater dous coches no centro de Vigo

Publicado o 07/11/2019 13:22

Unha persoa quedou ferida esta mañá nun accidente de tráfico no centro de Vigo. Ocorreu pouco antes das 8 no cruzamento das rúas Hernán Cortés e María Berdiales.

Por causas que se descoñecen, dous turismos colisionaron e un deles bateu contra un farol. Ata o lugar do suceso trasladáronse a Policía Local e unha ambulancia do 061 para atender o ferido. Afortunadamente, o seu estado non é grave.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019