CRTVG

Buscar

Un ferido nunha saída de vía na A-55 en Mos

Publicado o 08/11/2019 13:42

Unha persoa quedou ferida esta mañá nun accidente de tráfico na A-55, en Mos. O sinistro rexistrouse no quilómetro 8 da autovía pouco despois das 7 e media. O condutor, que se dirixía cara a Tui, perdeu o control do coche por causas que se descoñecen, saíu da vía e foi bater contra o a varanda de protección.

Ao lugar do suceso acudiron a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061 que trasladou o ferido a un centro médico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019