CRTVG

Buscar

Un ferido nunha colisión entre tres turismos e un camión no Pino

Publicado o 14/02/2020 20:27

Unha colisión entre un camión e dous vehículos provocou esta tarde problemas de tráfico na estrada de Santiago a Lugo.  Ocorreu na estrada nacional 634 á altura da localidade de Arca, no Pino. O camión, que circulaba en sentido a Santiago, colisionou contra os dous vehículos nunha recta cunha lixeira curva. Un dos vehículos perdeu o motor na colisión. A Garda Civil tivo que desviar o tráfico provisionalmente por unha vía de servizo que vai paralela á estrada.

Noticias web

14/02/2020