CRTVG

Buscar

Un home queda ferido nun accidente de tráfico na A-52, no concello de Riós

Publicado o 16/04/2018 14:07

Un home de 49 anos veciño de Ordes quedou ferido esta mañá ao chocar contra un camión articulado na autovía das Rías Baixas, á altura do concello ourensán de Riós. O condutor quedou atrapado no interior da furgoneta ata que o liberou o equipo de urxencias da Gudiña. O home foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital de Verín, ía consciente, o seu prognóstico é reservado. O accidente obrigou a cortar un carríl da autovía durante dúas horas, pero non se produciron atrancos de tráfico porque nese punto están habilitados tres carrís para poder circular.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018