CRTVG

Buscar

Un ferido no incendio dun almacén de herba en Sober

Publicado o 20/05/2019 14:22

Os bombeiros de Monforte tiveron que apagar esta fin de semana un incendio que se declarou na parroquia de Lobios, en Sober. Ardeu unha palleira ao completo, pero conseguiron evitar que ardese outro pendello que estaba pegado e salvaron, tamén, a vivenda.
O dono dos inmobles tivo que ser ingresado por queimaduras que se fixo no rostro ao intentar apagar o incendio.

Esta mañá aínda cheiraba a fume o lugar de Fonte Maior, en Lobios. Un coche e outros útis queimados daban testemuño do incendio que se orixinou aquí o sábado pola tarde. Botaron unhas tres horas apagando no lume. Ao final conseguiuse salvar o pendello colindante e tamén se evitou que o lume saltase para a casa. O fillo dos donos sufriu bochas ao intentar apagar o incendio. As ovellas tamén se salvaron das chamas.

A rápida actuación dos bombeiros, Protección Civil e a policía evitou que o lume fose a máis.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019