Un falecido e varios feridos durante un novo salto masivo ao valado de Melilla
Publicado o 20/08/2020 16:01
Esta mañá, houbo un asalto masivo ao valado de Melilla. Unhas 300 persoas tentaron cruzar irregularmente a fronteira entre España e Marrocos. Un deles morreu, ao caer nun regato dende unha altura de catro metros.
Tres garda civís e oito migrantes tamén tiveron que ser atendidos por feridas. Finalmente, preto de trinta conseguiron pasar. As forzas de seguridade interceptáronos e leváronos á praza de touros da cidade, onde terán que gardar corentena.