CRTVG

Buscar

Falece tras chocar o coche que conducía contra unha furgoneta en Aranga

Publicado o 12/02/2021 17:11
Falece tras chocar o coche que conducía contra unha furgoneta en Aranga

Un home de 71 anos faleceu este venres no municipio coruñés de Aranga nunha colisión entre o coche que conducía e unha furgoneta, cuxo condutor, de 62 anos, resultou ferido leve, informaron os servizos de emerxencias.

O choque produciuse cara ás 14:00 horas no quilómetro 5 da estrada entre as localidades de Curtis e Montesalgueiro, segundo alertaron testemuñas. O falecido residía en Madrid e o único ocupante da furgoneta mixta, que resultou ferido e foi trasladado ao Complexo hospitalario da Coruña, está domiciliado no municipio ourensán de San Cristovo de Cea.

A Garda Civil abriu unha investigación sobre o accidente, tras os indicios dunha posible invasión do carril esquerdo da estrada por parte do falecido condutor do coche como causa do sinistro.