CRTVG

Buscar

Un falecido e outro ferido en senllos accidentes laborais ocorridos en Galicia

Publicado o 15/07/2019 21:48
Un falecido e outro ferido en senllos accidentes laborais ocorridos en Galicia

Un operario morreu esta tarde despois de sufrir unha caída de altura cando traballaba nunha vivenda situada na parroquia de Aciveiro, en Forcarei.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o home faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida e malia a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para a rápida evacuación en caso de ser necesario. 

Ao lugar do accidente, concretamente O Forno, tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circuntancias en que se produciu o suceso, que tivo lugar ás 17:45 horas de hoxe. 

Non foi o único accidente laboral en Galicia no día de hoxe. En Santiago, outro operario do sector da construción foi evacuado de urxencia para ser atendido das lesións causadas por unha caída dun tellado na estrada de Chaián. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí