CRTVG

Buscar

Un falecemento por mor da covid−19 eleva a cifra total a 2.392 en Galicia

Publicado o 05/05/2021 19:59
Un falecemento por mor da covid−19 eleva a cifra total a 2.392 en Galicia

Sanidade notificou o pasamento dunha muller o pasado luns que fora diagnosticada con coronavirus. Tiña 93 anos e faleceu no seu domicilio nas Pontes (área sanitaria de Ferrol). Segundo informa Saúde Pública, padecía patoloxías previas.

Con ela, as cifras de falecidos en Galicia por mor da covid−19 ascenden a 2.392 desde o comezo da pandemia.