CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Un experto en fiscalidade propón impostos máis eficientes e ecolóxicos

Publicado o 26/10/2014 14:51


Estarían vostedes dispostos a que lle suban a gasolina, se a cambio lles baixan o IVE ou o IRPF?
Propostas como esta é a que defende o noso seguinte protagonista, Xavier Labandeira. Un experto galego en fiscalidade e cambio climático que lle propón ao goberno un cambio de modelo fiscal na liña do que defende a ONU e que rexe noutros países de Europa.

De volta por Galicia, Xavier Labandeira...

"Ola , pasade", saúdanos Labandeira.

Recibiunos para falar de impostos. Do que especialistas coma el entenden que sería axeitado para España. Investigador co Cambio Climático da ONU, Director da Unidade de Política Climática do Instituto Europeo en Florencia, valedor dunha política fiscal afastada dos impostos de carácter xeral e proxima a gravar os elementos que prexudican ao planeta.

"É subir este tipo de impostos enerxéticoambientais e baixar outros como o IRPF ou ops impostos do Traballo. Baixar os impostos sobre as cousas boas e gravar as malas", explica Labandeira.

Esta postura responde á chamada fiscalidade Verde. A suba da gasolina, do carbón ou das emisións permitirían baixar outros impostos que nos afectan a todos. Tal e como fixeron Noruega e Suecia co IRPF. Alemaña, Reino Unido e Austria coas cotizacións sociais. Ou Dinamarca, Finlandia e Holanda, onde deu pra diminuir os dous conceptos. Pensen tamen no beneficio ambiental e nos cartos que marchan fóra.

"Ao final exportamos as nosas rendas. Mandamos máis diñeiro fóra; a Arabia, a Venezuela, aos países exportadores de combustibles fósiles e iso non nos beneficia en absoluto", asegura este catedrático en Economía..

Na busca de explicacións, Labandeira asegura non entender os criterios que impiden a aplicación desta reforma en España; aconsellada mesmo pola comisión de expertos que asesora ao ministro Montoro.

"Eu creo que a xente que traballamos nestes temas, en xeral, temos moi claro que hai grandes oportunidades", afirma Labandeira.

E aí o deixamos. A voltas coas decisión que condicionan hábitos e co convencemento de que un país máis eficiente e un mundo máis limpo son posibles.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí