CRTVG

Buscar

Un exmarine mata catro persoas, entre elas un bebé, nun tiroteo en Florida

Publicado o 06/09/2021 08:58
Un exmarine mata catro persoas, entre elas un bebé, nun tiroteo en Florida

Catro mortos, incluído un bebé, nun tiroteo en Florida. O atacante, un exmarine con problemas de saúde mental, feriu ademais unha nena de 11 anos con sete disparos.

O exmilitar estaba baixo os efectos de metanfetamina, ía vestido de camuflaxe. Afirmou ser un sobrevivente e que estaba listo para o combate, disparou contra varias vivendas, ao chou, antes de ser detido, despois de recibir un balazo durante o enfrontamento coas autoridades.

Noticias web

06/09/2021