CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un exhibicionista e acosador reincidente

Publicado o 06/10/2017 14:01

Un home de 36 ano foi detido en Vigo, acusado de exhibicionismo e acoso. E tamén por quebrantar a orde de afastamento que xa tiña da ribeira do Lagares.

Os axentes da Policía Local foron ata a travesía da Canicouva, onde un condutor alertara de que un home estaba seguindo pola beira do río unha moza, que estaba pedindo axuda. A moza afirmou que cando regresaba ao domicilio un individuo a acosou, despois de que ela rexeitara tomar unha copa con el.

O home tiña prohibido por orde xudicial achegarse á ribeira do Lagares por protagonizar presuntamente outras situacións semellantes.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/10/2017