CRTVG

Buscar

Un ex-deputado alemán destaca a actitude pacífica dos votantes

Publicado o 27/03/2019 15:51

O ex-deputado socialdemócrata alemán Bernhard Von Grünberg asegurou que o seu papel o 1 de outubro non foi de observación electoral, xa que sabía que o referendo estaba prohibido, senón unha iniciativa política e persoal. Asistido por un tradutor, dixo que se pagou os gastos para manter a súa independencia.

Von Grünberg visitou cinco colexios electorais durante as votacións, e contrastou a actitude dos votantes coa das forzas de seguridade.

O político alemán dixo que mantivo reunións con Puigdemont, Romeva e, de xeito máis continuado, con Forcadell.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019