CRTVG

Buscar

Un ex-comisario ve factible reabrir o caso de Débora Fernández se hai pistas

Publicado o 15/03/2019 21:20

España é un dos países con maior número de persoas desaparecidas. O comisario principal honorario da Policía Nacional, Ángel Galán, acaba de presentar en Vigo o seu novo libro no que explica os pasos que se teñen que seguir para tentar atopar un desaparecido. 

 

Interveu na desaparación de Fernando Caldas, María José Arcos, Déborah Fernández-Cervera ou Diana Quer. Algún deses casos chegou a resolverse pero outros non. Falamos de Ángel Galán, comisario principal honorario da Policía Nacional. En España hai máis de 12.000 desparicións sen aclarar.

A través dunha campaña impulsada nas redes sociais, a familia da viguesa Déborah Cervera trata de buscar algunha pista que permita reabrir o seu caso. Parece que está a dar os seus froitos. 

Ángel Galán presentou en Vigo "Introdución á Investigación de Desaparecidos", no que realata os pasos que hai que seguir para atopar desaparecidos e sobre os casos que se viviron, algúns resoltos e outros non.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/03/2019