CRTVG

Buscar

Un estudo revela que non almorzar aumenta o risco de obesidade infantil

Publicado o 14/09/2021 21:49

Os menores en idade infantil e xuvenil que non almorzan teñen un 43 % máis de risco de padecer obesidade. Así o recolle a revisión dun estudo publicado recentemente na revista Nutrición Hospitalaria.

Algúns expertos defenden que almorzar inflúe no peso corporal porque favorece reducir a inxesta de enerxía durante o resto do día.

O aconsellable é que esta primeira comida do día cubra o 20 % da achega calórica que se require a diario. Porque tan importante como almorzar é facelo de xeito saudable.

Noticias web

14/09/2021