CRTVG

Buscar

Un estudo internacional detecta ata 50 síntomas de covid persistente

Publicado o 01/02/2021 15:23

Sobre a covid falamos hoxe con Sonia Villapol. É unha investigadora lucense que coordina no Centro Médico de Houston un estudo internacional sobre a pandemia e a covid persistente. Mantén que, se non hai atrancos, a inmunidade colectiva chegará en outono.

Vacinar, vacinar e vacinar é o camiño á inmunidade colectiva. O único que pode salvar vidas, evitar secuelas aos pacientes e rescatar a economía.

"Agardemos que para o outono, se non hai novas variantes que poidan cambiar a eefctividade das vacinas, poidamos chegar a unha certa normalidade", di Sonia Villapol.

Mentres non chega esa inmunidade, hai que seguir protexidos para conter os contaxios. E no debate sobre as máscaras opina que "as mellores son as FFP2, pero moitas veces non se pode dispoñer delas polo prezo. Aquí o que se está recomendando é poñer dobre capa das cirúrxicas, poñer dúas, e ben axustadas á cara, que é o máis importante. E se se levan das de tea, mínimo que leven tres capas".

Sonia participa nun estudo sobre a covid persistente. Di que afecta oito de cada dez pacientes que superaron a enfermidade. Conviven cos síntomas durante meses. Explica que se detectaron "ata 50 síntomas diferentes. A nivel neurolóxico o cerebro é o órgano máis afectado por estas secuelas a longo prazo, náuseas, dores musculares, dores no peito...".

Lastran coa fatiga e mesmo perda de memoria, o que fai imprescindible o seguimento médico para que algúns destes síntomas non se volvan crónicos.

Noticias web

01/02/2021