CRTVG

Buscar

Un estudo galego conclúe que a falta de público non é determinante, pero si repercute no resultado final

Publicado o 17/09/2020 16:41

Os números cantan e o fútbol de pandemia terá que aprender a convivir coa influencia que a falta de alento nas bancadas ten nos resultados: sen público na Liga hai un 6% menos de vítorias locais

Para o profesor Carlos Lago a estatística negativa das vitorias na casa, cando non hai público, ten dúas causas ben fundamentadas. Comezando polas decisións arbitrais.

A bioquímica tamén entra en xogo e xa hai anos que está demostrado que os xogadores aumentan os seus niveis de testosterona ou cortisol, cando xogan na casa e con público. 

Árbitros e xogadores, público e influencia, con máis deberes para os adestradores e un debate que continúa.

Noticias web

17/09/2020