Un estudo europeo sinala Galicia, Valencia e as Baleares como as comunidades coa mellor situación epidemiolóxica
Publicado o 18/06/2021 15:45

Segundo os últimos datos do Centro Europeo para a Prevención das Pandemias, Galicia, xunto con Valencia e as Baleares, son as comunidades que teñen a mellor situación en España, cunha incidencia inferior aos 75 casos por 100.000 habitantes.
Boa parte de Europa comparte esa estabilidade, con picos máis altos no resto de España e tamén en Francia, Suecia e algunha zona de Grecia.