CRTVG

Buscar

Un estudo establece que o leite enteiro podería axudarnos a vivir máis

Publicado o 14/09/2018 21:28

Por veces é complicado elixir o leite que nos convén máis. A ver se isto lles serve de axuda. Un novo estudo científico asegura que o leite enteiro podería axudarnos a vivir máis.

Dentro do debate que hai sobre o leite, sabemos que hai un novo estudo que demostra que beber leite enteiro reduce a posibilidade de ter problemas cardiovasculares. Durante 15 anos varios cientificos realizaron análises con poboacións urbanas e rurais en máis de 20 países. Conclúen que o leite enteiro tén máis calorías, iso e innegable, pero también ten más nutrintes, entre eles, apórtan calcio, proteínas e vitamina D.

Hai xa anos que expertos en medicina e nutrición demonizaron o consumo de productos lácteos enteiros e apostaban polas versións desnatadas ou semidesnatadas. Un estudo elaborado durante nove anos con 136.000 personas dos cinco continentes está á darlle a volta á esta teoría. Afirman que tres racións ou mais ao día de leite e produtos lácteos reduce a mortalidade e os problemas cardiovasculares.


Na rúa non é doado atopar alguén que tome leite enteiro. Uns por intolerancia, e outros porque se afeccionaron ás bebidas vexetais.Segundo o estudo, a ración diaria recomendable serían 244 gramos de leite ou iogur, 15 gramos de queixo ou cinco de manteiga.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018